Academia.edu no longer supports Internet Explorer.
To browse Academia.edu and the wider internet faster and more securely, please take a few seconds to upgrade your browser.
1996, Raigame: revista de arte, cultura e tradicións populares
…
5 pages
1 file
2021
No 2021, ano xacobeo, celebramos o 800 aniversario do nacemento de Afonso X, rei de Castela, León e Galicia (1252-1284). Coincidindo coa efeméride, o Consello da Cultura Galega presenta a exposición Afonso X e Galicia. O obxectivo da exposición é presentar a figura real de Afonso X de maneira obxectiva: os seus avatares políticos, o seu labor científico, literario e cultural e a súa relación con Galicia. A nosa proposta é unha peregrinaxe múltiple: un percorrido pola vida do monarca, pola súa obra e pola época afonsina en Galicia a partir de documentos e de testemuños arqueolóxicos, literarios e musicais. Conta cun especial protagonismo o corpus mariano do Rei Sabio, as Cantigas de Santa María, como manifestación visual e sonora da Idade Media galega e europea e como testemuño do patrimonio lingüístico da lingua galega e a súa importancia no mundo románico medieval. A edición, a cargo de Antoni Rossell, é a versión textual e multimedia dos contidos desta mostra.
A vida do compositor santiagués Luis Rafael Brage Villar estivo adicada por completo á música, participando en todos os ámbitos existentes no marco social do primeiro terzo do século XX. Cuns prometedores inicios como pianista en Santiago e pasando pola dirección de orquestras tan importantes como a do Teatro de la Zarzuela en Madrid, Brage será nomeado director da banda de música de La Lira de Ribadavia entre 1929 e 1936. Esta etapa suporá o período máis activo da súa vida e da súa man a vila vivirá un forte desenvolvemento cultural, onde a música, as representacións líricas, os bailes e o carnaval se converterán nas manifestacións artísticas dunha vila sumida ata aquel momento nunha profunda crise cultural. Destacando o papel como director da banda de música, describiremos como levou a cabo esta laboura de dinamización.
GARCÍA BRAÑA, C., VIGO TRASANCOS, A. (coords.); Domingo de Andrade. A invención do Barroco. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia, 2021, pp. 191-205. ISBN: 978-84-124192-9-0, 2021
O presente traballo ten como obxectivo analizar a actividade artística que Domingo de Andrade desempeñou desde a década de 1660 ata finais do século XVII nas antigas provincias de Tui e Ourense, onde serviu ao Exército, traballou para ordes relixiosas, atendeu os labores de diferentes catedrais e recibiu encargos de clientes particulares. Nas seguintes liñas prestaremos maior atención a todo o relacionado coa arquitectura pétrea, aínda que non obviaremos as súas contribucións á traza e execución de retablos, aos seus escritos teóricos e periciais ou ao influxo do seu facer nalgúns dos artistas que desenvolveron a súa carreira no sur de Galicia
21 PROXECTOS DE INVESTIGACIÓN, DIFUSIÓN E DIDÁCTICA SOBRE O CAMIÑO DE SANTIAGO E AS PEREGRINACIÓNS FEIRA EXPOSITIVA DA INVESTIGACIÓN SOBRE O CAMIÑO DE SANTIAGO E AS PEREGRINACIÓNS - XACOBEO 2021, 2021
Camiñarq é un proxecto de divulgación, didáctico e especializado cuns obxectivos e valores marcados que buscan achegarse a un público específico coa finalidade de enriquecer a súa visita ao Museo e, nos casos nos que fose preciso, ofrecer os mecanismos para ampliar información e satisfacer as súas inquedanzas culturais neste ámbito concreto.
Os equipos vencedores de cada día (2 por xornada) enfrontaranse na xornada final prevista para o sábado. As probas dispostas para esta xornada son 5, tamén en dúas versións. O tempo total previsto para a realización de cada unha das probas será, aproximadamente, de 1 hora.
Simposio «Regnum Totius Gallaeciae». O Reino Medieval de Galicia, 2024
O papel xogado por reis e raíñas foi fundamental para a creación e consolidación do fenómeno xacobeo e da catedral compostelá, de maneira que cada gran proxecto desenvolvido na basílica foi posible grazas ao decidido apoio da monarquía. Sen o pulo que lle deu Afonso II ao descubrimento do sepulcro apostólico, este acontecemento non tería alcanzado tan grande dimensión; e grazas a Afonso III configurouse un novo templo para acoller a uns peregrinos cada vez máis numerosos. Ao apoio dos reis débense as diferentes etapas da construción da catedral románica, iniciada por Afonso VI. En 1111 Afonso VII foi coroado por Xelmírez como rei de Galicia no altar maior do templo. Despois, outros dous reis de Galicia, Fernando II e Afonso VIII, resultaron chaves para rematar a construción da catedral, coa participación do Mestre Mateo, quen rematouna no 1211. O templo íase converter na catedral nacional e lugar de enterramento dos reis de Galicia e a súa familia, para o que acabou por configurarse un novo Panteón Real, trasladado en 1535 á súa actual localización. Por tanto, o percorrido pola arte na Era compostelá será unha viaxe artística á construción das primeiras basílicas asociadas ao sepulcro apostólico, ao proceso construtivo da catedral románica, dividido en fases sucesivas ata a súa conclusión coa cerimonia de consagración e a configuración do Panteón Real e, por fin, a aquelas testemuñas e obxectos artísticos que chegaron aos nosos días, ben nos seus emprazamentos orixinais, ben incorporadas, por diversas vías, aos fondos do Museo Catedral de Santiago.
Boletin Do Museo Provincial De Lugo, 2009
Resumo: Bernabé García de Seares foi un dos principais difusores do estilo barroco nas dioceses de Mondoñedo e Lugo, así como na antiga provincia da Coruña. Neste artigo tratamos de estudar a súa traxectoria e estilo baseándonos na documentación conservada nos arquivos históricos galegos.
Adra, 2017
O rótulo de música celta tem servido na última década para o surgimento de festivais no norte de Portugal, direcionados para públicos urbanos consumidores de produtos culturais alternativos. Os festivais surgem num tempo de “revitalização festiva” (Boissevain1992) e de “invenções de tradições” (Hobsbawm e Ranger 1983), como estratégia de revitalização económica local, de afirmação identitária e revivificação da música tradicional. Na aldeia de Santulhão (Trás-os-Montes) o Festival de Música Tradicional e Celta preenche os requisitos, ao ser idealizado e materializado por pessoas que procuram resistir à designada "homogeneização cultural global" (Tomlinson 1999), por meio dos recursos materiais e culturais de que dispõem. Neste texto interrogo os processos de construção da memória coletiva, para compreender de que forma os “imaginários celtas” servem para envolver um leque variado de invenções materiais e representações culturais numa aldeia global.
Adra, N. 0, 2005
Bitácora en dique seco, ou como saír de xira sen paraugas PEPE SENDÓN O patrimonio inmaterial SANTIAGO VELOSO TRONCOSO O Códice López Ferreiro PATRICIA GÓMEZ ESPAÑA Revista dos socios e socias do Museo do Pobo Galego Nº0 Santiago de Compostela, 2005 ADRA Índice Evocaçoes: Um polígrafo galeguista, a etnografía e a presença da morte na Galiza contemporânea ANTONIO MEDEIROS 5 Folklore e historia. Sobre algúns usos da cultura popular galega durante o século XIX FERNANDO PEREIRA GONZÁLEZ 19 A decoración nos espadeleiros e espadelas do val de Vea (A Estrada-Pontevedra) MANUEL RODRÍGUEZ CALVIÑO E BELÉN SÁENZ-CHAS DÍAZ 33 Unha visión dos museos e do patrimonio en Irlanda MANUEL VILAR 51 Museo da Emigración e de Galicia. Longo camiño cara a memoria ALBA TIZÓN 65 Música Antiga e Galicia FERNANDO REYES 73 Bitácora en dique seco, ou como saír de xira sen paraugas PEPE SENDÓN 89 O patrimonio inmaterial SANTIAGO VELOSO TRONCOSO 105
Loading Preview
Sorry, preview is currently unavailable. You can download the paper by clicking the button above.
Actas da XV Xornada de Literatura de Tradición Oral Entroido: transgresión e tradición. AELG. Lugo, Decembro 2022, 2023
Labor Histórico , 2017
Boletín Auriense, 2023
Adra: revista dos socios e socias do Museo do Pobo Galego, 2020
Estudios Mindonienses,, 2020
Real Academia Galega, 2018
A cultura é un dereito. Unha visión social da cultura, 2023